Obtén traducións xuradas certificadas con validez legal

Tradución xurada de inglés

Precisas a tradución xurada duns documentos e non sabes a quen acudir? Se é así, confía en min, son tradutora certificada polo MAEC.

Que é a tradución xurada e cando é necesaria?

A tradución xurada ten carácter oficial e validez ante os órganos xudiciais e administrativos de España. Por iso, tamén se coñece co nome de «tradución oficial» ou «tradución certificada». O MAEC é o encargado de nomear os tradutores e intérpretes xurados, quen certifican coa súa firma e o seu selo a fidelidade e a exactitude das súas actuacións empregando a fórmula que dita o devandito ministerio. Os cidadáns teñen á súa disposición este buscador co que poder atopar profesionais acreditados polo MAEC en cada un dos idiomas.

No meu caso, son tradutora xurada de inglés, de xeito que os documentos que traduzo dende este idioma podo asinalos e selalos para que teñan validez legal en España. Cando debe ser xurada unha tradución? Cando así o requiran as autoridades competentes ou a propia persoa usuaria. O mellor é preguntar sempre na institución de destino e asegurarse tamén de que o documento orixinal cumpra con todos os requisitos en termos de legalización en orixe.

Póñoche un exemplo: os certificados expedidos polo Rexistro Civil de EE. UU. (Office of Vital Statistics and Registry) deben contar coa Apostila da Haia e traducirse integramente (apostila + certificado).

Tradución xurada no estranxeiro

Se precisas presentar unha tradución xurada no estranxeiro, isto é, traducir a inglés un documento expedido en español, tamén podo encargarme. Con todo, ten en conta que deberás asegurarte de que o país ou a institución de destino acepte as traducións expedidas por un tradutor xurado de España.

Lembra que o noso nomeamento só ten recoñecemento dentro do territorio nacional e que outros países poden contar cunha figura similar propia (p. ex., o tradutor público juramentado en Brasil ou o traductor público en Arxentina).

Para rematar, dous apuntamentos rápidos:

Documentos comúns para tradución xurada

Tes que presentar unha tradución xurada oficial?

Non dubides en pórte en contacto comigo se tes algunha consulta ou queres solicitar un orzamento sen compromiso. Confía en min, sei o que fago e fago o que digo. Prometo responder decontado.