Política de privacidade

Última actualización: 30 de setembro de 2024

En cumprimento da lexislación vixente, www.solgatraducciones.com (en diante, «este sitio web») comprométese a adoptar todas as medidas técnicas e organizativas necesarias para garantir un nivel de seguridade acorde ao risco dos datos recompilados.

Esta política de privacidade axústase ás normas europeas e españolas vixentes en materia de protección de datos de carácter persoal, entre elas, o Regulamento 2016/679 (RGPD) ou a Lei Orgánica 3/2018 (LOPD).

A navegación por este sitio web implica a aceptación da política de privacidade e o aviso legal por parte das persoas usuarias. As persoas usuarias comprométense a facer un uso axeitado tanto deste sitio web como do contido publicado e, con carácter xeral non limitativo, a non incorrer en ningún tipo de actividade ilegal ou ilícita respecto diso.

Identidade da persoa responsable do tratamento dos datos persoais

A persoa responsable do tratamento dos datos persoais recompilados neste sitio web é Sofía Olveira García (en diante, «SOLGA»), con DNI 53480787-Z. Os seus datos de contacto son como segue:

  • Enderezo: Deán Pequeno 81, 15968 Ribeira (A Coruña)
  • Teléfono de contacto: (+34) 676 662 203    
  • Correo-e de contacto: info@solgatraducciones.com

Categorías de datos persoais e a súa recompilación

Este sitio web non recompila datos de carácter persoal sen o consentimento das persoas usuarias nin realiza cesións de datos a terceiros (salvo obriga legal).

Os datos de carácter persoal que poidan solicitarse directamente das persoas interesadas co seu consentimento trataranse de xeito confidencial e incorporaranse á actividade de tratamento relevante titularidade de SOLGA. As persoas interesadas comprométense a facilitar a SOLGA datos correctos, completos, exactos e vixentes, así como a mantelos debidamente actualizados.

Co fin de mellorar o servizo e a experiencia de uso, realizarase a análise da información estatística deste sitio web (p. ex., total de páxinas visitadas, número de visitas, actividade das persoas usuarias ou frecuencia de uso) coa axuda de Google Analytics e Google Search Console. Recoméndase consultar as políticas específicas destas ferramentas para obter información adicional.

Este sitio web non emprega rastros para recompilar información das persoas usuarias nin tampouco rexistra as direccións IP de acceso. A política de rastros (cookies) está dispoñible para a súa consulta aquí.

Este sitio web pode conter ligazóns a outros sitios web de terceiros con políticas de privacidade propias sobre as que SOLGA non exerce ningún control nin asume ningún tipo de responsabilidade.

Finalidade do tratamento e lexitimación

Os datos persoais das persoas interesadas recompílanse a través dun formulario de contacto en liña coa finalidade de poder responder a posibles consultas, solicitudes de información ou demandas de prestación de servizos.

O tratamento dos datos realízase para o cumprimento das obrigas legais por parte de SOLGA . A base legal para o tratamento dos datos das persoas interesadas é o consentimento.

As persoas interesadas serán as únicas responsables da veracidade e a corrección dos datos que remitan a este sitio web, de tal xeito que SOLGA quedará exonerada de calquera responsabilidade respecto diso.

Conservación de datos

Os datos facilitados conservaranse mentres non se solicite o cesamento da actividade, mentres se manteña a relación comercial ou durante o tempo necesario para cumprir coas obrigas legais e atender as posibles responsabilidades que puidesen derivarse do cumprimento da finalidade para a que os datos foron solicitados, segundo proceda.

Comunicación de datos

Con carácter xeral, os datos persoais solicitados non se comunicarán nunca a terceiros, salvo nos casos en que exista unha obriga legal para iso. Infórmase de que, para o funcionamento deste sitio web, a empresa DINAHOSTING, sita en Rúa dás Salvadas 41, 15705 Santiago de Compostela (A Coruña), é a encargada de prestar o servizo de aloxamento necesario.

Dereitos das persoas interesadas

As persoas interesadas poden exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, supresión e oposición ante Sofía Olveira García a través do enderezo electrónico info@solgatraducciones.com. Para iso, deberán identificarse suficientemente na súa solicitude por medios electrónicos ou, no seu defecto, mediante solicitude debidamente asinada.

Así mesmo —e especialmente se se considera que non se obtivo satisfacción plena no exercicio dos seus dereitos—, poderán presentar unha reclamación ante a autoridade nacional de control dirixíndose á Axencia Española de Protección de Datos, C/ Jorge Juan, 6 – 28001 Madrid.

Lei aplicable

A lei aplicable en caso de disputa ou conflito de interpretación dos termos que conforman esta política de privacidade, así como calquera cuestión relacionada cos servizos do presente sitio web, será a lei española.

Cambios na política de privacidade

SOLGA resérvase o dereito a modificar as condicións da política de privacidade para adaptalas a posibles novidades normativas, xurisprudenciais ou de uso.

As condicións actuais estarán vixentes ata que as substitúa unha nova versión debidamente publicada neste sitio web.