Non permitas que a barreira do idioma te free!

Comunica con precisión e claridade

Supoño que chegaches ata aquí porque precisas unha tradución. Perfecto! Estás no lugar indicado. Chámome Sofía Olveira e son tradutora profesional dende hai máis de quince anos.

Conto coa acreditación como tradutora xurada de inglés. Estás nas mellores mans.

Servizos profesionais de tradución e revisión de textos

Especialista en inglés, francés, portugués e italiano cara a galego e español

Para rompermos o xeo, quéroche falar un pouco sobre min, a miña traxectoria e o meu mundo en xeral.

Son Sofía Olveira, unha persoa alegre e optimista, desas que sempre ven o vaso medio cheo. Afronto a vida con determinación e non me amedrento ante as adversidades.

Os idiomas dánseme ben dende pequena e funos perfeccionando con estudos e estancias no estranxeiro: dende cursos e traballos en Reino Unido ou Irlanda, pasando por Erasmus en Portugal, ata intercambios en Francia.

Na actualidade, traballo como tradutora xurada, técnica e creativa dende a miña cidade natal, Ribeira (A Coruña).

Vaia, vaia… tradutora… que traduces, libros?

Tradución xurada, tradución técnica e transcreación coas máximas garantías

“Atreveríame a dicir que a pregunta de arriba nola fixeron ao 100 % dos tradutores algunha vez na vida. E o certo é que a maioría non nos dedicamos á tradución literaria.

E que traducimos entón? Póñoche como exemplo unha carteira de proxectos típica de calquera semana ao azar: tradución técnica (manual de uso), tradución xurada (certificados de nacemento + matrimonio + penais), tradución creativa ou transcreación (páxina web e material publicitario), e postedición (condicións xerais de venda).

Tamén ofrezo servizos de revisión. Se che interesa, podes atopar máis información nos apartados específicos.”

Por que elixir os meus servizos de tradución?

As miñas especialidades

Tradución xurada

Tradución xurada oficial con validez en España a cargo dunha tradutora certificada polo MAEC. Son especialista na tradución de documentos de inglés a español co meu selo e firma para acreditar a súa fidelidade ao orixinal.

Tradución técnica

Tradución técnica de manuais, guías, protocolos ou arquivos de localización de soportes lóxicos coa máxima precisión terminolóxica. Familiarízome co sector e documéntome de xeito exhaustivo para garantir o rigor e a exactitude en cada proxecto.

Tradución creativa

A tradución creativa busca xerar o mesmo impacto no público de destino que o texto orixinal. É a solución ideal para proxectos publicitarios ou de divulgación que esixen flexibilidade, imaxinación e enxeño.

Postedición e revisión

A postedición está en auxe debido ao desenvolvemento e o adestramento de motores neuronais de tradución automática. Pola súa banda, a adecuación á norma ISO 17100 esixe incluír unha etapa de revisión en todos os servizos de tradución.

Para que acudir a un tradutor profesional tendo Google Translate?

Xa o di o refraneiro popular: o barato pode saír moi caro. Ninguén nega que a tradución automática e a intelixencia artificial poden ser útiles en determinados contextos, pero en ningún caso logran substituír o ser humano.

Non tiveches nunca entre mans unhas instrucións de uso en español que che soaban a chinés? Non te riches co «octopus to the party» (polbo á feira) dalgunhas cartas? Por que o Hyundai Kona se chama Kauai en Portugal

Pensa que unha tradución incorrecta non só pode arruinar o teu proxecto, senón facerte perder credibilidade. O meu labor como tradutora non consiste en traducir palabra por palabra, senón en trasladar unha mensaxe a outro idioma coa máxima corrección, exactitude e adecuación ao público destinatario.

Opinións de clientes satisfeitos

Estás a un clic de atopar a solución que precisas!

Non dubides en pórte en contacto comigo se tes algunha consulta ou queres solicitar máis información. Prometo responder decontado. Lembra que nas preguntas frecuentes atoparás máis información sobre a solicitude de orzamentos e as condicións de prestación dos meus servizos.